Pallasos en Rebeldía e Culturativa S. Coop. convocan á sociedade galega a xuntarse baixo o lema "Cultura contra a barbarie" nunha Gala Solidaria para recaudar fondos para Pobo Palestino. Un acto que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro domingo, 12 de novembro, ás 20.00 horas. A Gala é de entrada gratuita con billeteira inversa, o que significa que ao rematar o evento as asistentes poderán facer as súas doazóns económicas solidarias.
Muerdo, Mercedes Peón, Najla Shami, Mago Teto, Rossina Castelli e Iván Prado subiranse ao escenario para reivindicar un #STOPXenocidio da mellor maneira que saben: co seu arte. As entradas xa están dispoñibles a través da plataforma inscribirme.com
Dende a organización entenden “a cultura como altofalante das reivindicación sociais. Este evento supón non só unha Gala para recadar fondos, se non unha oportunidade para poñer sobre o escenario unha mensaxe de solidaridade e urxencia ante unha situación que afecta a unha poboación enteira”. Iván Prado - coordinador de Pallasos en Rebeldía - convida á sociedade galega a sumarse a esta cita “para apoiar a Pobo Palestino e defender a voz do pobo fronte ás decisións políticas internacionais”.
A situación en Palestina supón unha das maiores vergoñas e fracasos da comunidade internacional das últimas décadas. Cada día súmanse novos crimes de guerra a un exterminio da poboación civil camuflado de intervención bélica. Unha masacre que suma milleiros de mortes, moitas delas cativos e cativas, ante a pasividade da maior parte dos Estados do mundo e o apoio de moitas desas organizacións.
Ademais, as forzas de ocupación deixaron ás gazatíes sen auga, combustible, electricidade, alimentos, canles de información... A vida no territorio cada día xa non é vida. Precisan do apoio da sociedade civil mundial. Precisan que nos levantemos e esixamos o fin desta situación.
Este evento está organizado pola ONG Pallasos en Rebeldía co respaldo de Culturactiva S. Coop. e a colaboración do Concello de Pontevedra e Galiza por Palestina.
|
Culturactiva S. Coop |