Concerto de Guadi Galego en Cedeira
Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.
Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante,
a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás
creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis
orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.
Organiza: Concello de Cedeira - Rúa Real 15, 15350 - Cedeira - A Coruña - CIF P1502200G - cedeira.gal - Telf. 981480000
|
Concello de Cedeira |