Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, máis coñecidas como Tanxugueiras, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. Tralo éxito das súas últimas cancións (Midas ou Figa) convertéronse nunhas das principais candidatas participar en Eurovisión. O día 27 de novembro farán parada no FESTIGUAL para pechar o festival por todo o alto con concerto inclusivo especial e diferente.
|
Culturactiva S. Coop |